Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Womanhaus : Historia ilustrada das artistas da Bauhaus / Dakota Hernández

por Hernández, Dakota [autor/a]; Hernández, Dakota [ilustrador/a]; García, Miriam [ilustrador/a]; Duncan, Xosé [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Estudios ilustrados.Editor: A Coruña : Bululú , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 150 p. : il. cor ; 24 cm.ISBN: 9788418667787.Materia(s): Bauhaus | Bauhaus | Feminismo | Igualdade | Arte -- Bauhaus -- [1919-1932] -- AlemañaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Unha escola que, nos seus menos de vinte anos de existencia, conseguiu marcar un antes e un despois en todas as disciplinas da arte: arquitectura, pintura, escultura, deseño de mobles, xoias, roupa… influíndo a xeracións de profesionais de todo o mundo e dos máis diversos campos relacionados coa creatividade. No entanto, tivo que facer fronte á crúa realidade e á oposición dunha sociedade que, malia que moi aberta na teoría, opúxose ao ver aquelas ideas levadas á práctica. Esta é a historia dunha escola que se propuxera ser o xerme dun novo mundo, dun xeito diferente de entender e aplicar a arte as nosas vidas. Pero, sobre todo, é a crónica das mulleres da Bauhaus, fundamentais para alentar o ímpeto revolucionario co que naceu e a intensidade duns ideais que eran rompedores para a época. Se alguén sufriu en maior medida o menosprezo dos seus conxéneres e os prexuízos do fracaso, foron as mulleres artistas que encheron coa súa vitalidade e talento a escola. Como en todas as historias, hai partes que chegaron aos nosos días e outras que se ocultaron. Neste libro tentamos dar conta de todas elas e destacar aquelas protagonistas que quedaran relegadas a un anonimato forzoso. Womanhaus é a nosa homenaxe a elas.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES de Monterroso
Sala préstamo
7(03) HER wom Dispoñible LED019000016854

Unha escola que, nos seus menos de vinte anos de existencia, conseguiu marcar un antes e un despois en todas as disciplinas da arte: arquitectura, pintura, escultura, deseño de mobles, xoias, roupa… influíndo a xeracións de profesionais de todo o mundo e dos máis diversos campos relacionados coa creatividade. No entanto, tivo que facer fronte á crúa realidade e á oposición dunha sociedade que, malia que moi aberta na teoría, opúxose ao ver aquelas ideas levadas á práctica.

Esta é a historia dunha escola que se propuxera ser o xerme dun novo mundo, dun xeito diferente de entender e aplicar a arte as nosas vidas. Pero, sobre todo, é a crónica das mulleres da Bauhaus, fundamentais para alentar o ímpeto revolucionario co que naceu e a intensidade duns ideais que eran rompedores para a época.

Se alguén sufriu en maior medida o menosprezo dos seus conxéneres e os prexuízos do fracaso, foron as mulleres artistas que encheron coa súa vitalidade e talento a escola.

Como en todas as historias, hai partes que chegaron aos nosos días e outras que se ocultaron. Neste libro tentamos dar conta de todas elas e destacar aquelas protagonistas que quedaran relegadas a un anonimato forzoso. Womanhaus é a nosa homenaxe a elas.

3º-4º ESO

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha